¿Qué es lo que más te apasiona de la genética?
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lidera o proxecto MytSeed, unha iniciativa de investigación estratéxica para garantir a sostibilidade da acuicultura do mexillón, un sector de gran relevancia en Galicia e en España. A finalidade é desenvolver métodos innovadores para a produción de semente de mexillón en criadeiro, unha alternativa fronte á escaseza de semente silvestre rexistrada nos últimos anos, agravada polos efectos do cambio climático. Ademais, MytSeed afondará no coñecemento dos factores que inflúen na súa fixación e crecemento nas bateas.
O proxecto exemplifica a colaboración transversal entre distintos grupos e áreas do CIM, coa coordinación de Moncho Gesteira, do grupo Ephyslab, e Ángel Pérez Diz, do grupo XB2, como investigadores principais, e coa participación de Paloma Morán e Juan Pasantes, ambos do grupo XB2, reforzando o carácter multidisciplinar e cooperativo do centro. MytSeed está financiado pola convocatoria de Proyectos de Generación de Conocimiento 2024 do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, cun orzamento de 215.655 euros, e executarase ata o 31 de agosto de 2028.
¿Qué es lo que más te apasiona de la genética?
Que me ayuda a entender cómo ocurre la evolución. Como decía Dobzhansky, nada tiene sentido en Biología si no es a la luz de la evolución, y a eso hay que añadir que la evolución no tiene sentido sin la genética. Cuando entiendes cómo el cambio genético ha ido modelando las formas, estructuras, colores y comportamientos de los seres vivos, y ves que casi todo puede tener una explicación evolutiva y poco se deja al azar, la naturaleza se disfruta con otros ojos.
¿Cómo empezó tu viaje en la genética? ¿Te influyó alguna persona en concreto? ¿Alguna lectura en concreto?
Mi interés por la genética se inició gracias al profesor Juan Ramón Lacadena. Su talento para transmitir conceptos complicados con gran claridad y su visión muy actualizada, pero a la vez crítica, de la ciencia, decantaron mi interés por esta materia. Más tarde, las materias de Genética de Poblaciones y Evolutiva y de Genética Cuantitativa del Prof. Carlos López-Fanjul, centraron mi atención en la visión poblacional y evolutiva de la genética. El componente matemático me entusiasmó: una ecuación vale más que mil palabras.
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo organiza entre hoxe martes e mañá mércores no edificio Redeiras un encontro internacional no que participan 18 expertos en peixes migratorios procedentes de institucións de Estados Unidos, Reino Unido, Austria, Países Baixos, Hungría, Portugal e España. O Barrier Passability Expert Workshop, coordinado polo investigador Carlos García de Leaniz, ten como obxectivo avanzar no desenvolvemento de novas metodoloxías baseadas na intelixencia artificial que permitan avaliar de maneira máis eficiente a permeabilidade das barreiras fluviais e priorizar aquelas cuxa eliminación ou modificación poida ter un maior impacto positivo nos ecosistemas acuáticos.
Carlos García de Leaniz, un dos maiores expertos do mundo en salmónidos, que chegou á UVigo en 2024 no marco do Programa Atrae do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, explica que “a Lei Europea de Restauración da Natureza esixe aos estados membros reconectar 25.000 quilómetros de ríos de fluxo libre antes de 2030, pero unha restauración eficaz da conectividade fluvial depende da capacidade para priorizar que barreiras deben eliminarse ou modificarse. Para iso, engade, “é fundamental estimar a permeabilidade das barreiras para os peixes”, pero segundo o catedrático, “estas estimacións son notoriamente complexas, xa que varían segundo as características da barreira, as condicións ambientais e as diferenzas entre especies e individuos”.
Liderado pola Asociación de Cidades e Comunas da Conca do río Parsęta e coa participación de case unha decena de entidades polacas e do resto de Europa, entre elas a Universidade de Vigo, o proxecto Life for Rivers permitirá mellorar o estado ecolóxico das augas da conca do Parsęta, un río do noroeste de Polonia, duns 140 quilómetros de lonxitude que desemboca no mar Báltico. As accións previstas ao abeiro do proxecto, que conta cun orzamento con cargo ao programa europeo LIFE de algo máis de 9 millóns de euros, inclúen a renaturalización para frear o fluxo de auga da conca e restablecer a continuidade entre o río e o seu meandro, así como a mellora do estado ecolóxico das súas augas.
“O obxectivo xeral do proxecto é demostrar a restauración de ecosistemas fluviais e de ribeira saudables a un estado de río de libre fluxo, mediante a eliminación de obstáculos á continuidade ecolóxica en diversas dimensións, como os aspectos lonxitudinais, laterais, verticais, temporais, socioeconómicos e administrativos”, detalla o investigador do CIM-UVigo Carlos García de Leaniz, que lidera a participación da UVigo, xunto á catedrática Paloma Morán, no proxecto europeo, a través de Free-Flow Lab.
Hoxe en día, moitas poboacións naturais enfróntanse a ameazas severas que reducen de forma alarmante o seu tamaño. Entre estas presións destacan a sobreexplotación, no caso de especies con interese produtivo, a contaminación, a perda de hábitats ou o cambio climático. Estes factores adoitan provocar un drástico descenso no número de individuos, o que, á súa vez, implica a perda de diversidade xenética, incremento da consanguinidade e redución da capacidade reprodutiva, limitando a adaptabilidade das poboacións e, se o declive se prolonga, conducindo á extinción. Agora, un equipo de investigadores liderado pola Universidad de Oviedo en colaboración coa Universidade de Vigo acaba de desenvolver novas ferramentas informáticas que permiten revelar con detalle a historia demográfica recente das poboacións e o seu grao de conexión ou diferenciación con outras poboacións relacionadas.
No estudo, liderado polo profesor Enrique Santiago, do Departamento de Bioloxía Funcional da Universidad de Oviedo, participaron tamén Armando Caballero, investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e Carlos Köpke, da empresa Plasma Labs Enterprises, con sede en Oviedo. Os resultados acaban de ser publicados na revista Nature Communications, unha referencia no ámbito da xenética poboacional e a conservación.
O proxecto Free-Flow, financiado polo programa Atrae do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, botou a andar hai uns meses co obxectivo de restaurar o fluxo natural dos ríos europeos. Liderado polo investigador do CIM-UVigo Carlos García de Leaniz, emprega intelixencia artificial e teledetección, pero tamén se apoia en procesos de participación social. Para isto, o proxecto acaba de poñer en marcha unha convocatoria de voluntariado ambiental na procura de persoas comprometidas coa natureza que queiran contribuír á mellora do coñecemento sobre a conectividade fluvial en Galicia.
A finalidade é elaborar un inventario actualizado das barreiras fluviais que dificultan o fluxo natural da auga e a biodiversidade nas concas dos ríos Verdugo-Oitavén, Lérez, Mandeo e Masma. Para iso, as persoas voluntarias realizarán percorridos a pé polos tramos seleccionados, sempre acompañadas por persoal técnico do proxecto, identificando e rexistrando as barreiras artificiais presentes nos leitos e ribeiras destes cursos fluviais.