Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

10/07/2025

Hoxe en día, moitas poboacións naturais enfróntanse a ameazas severas que reducen de forma alarmante o seu tamaño. Entre estas presións destacan a sobreexplotación, no caso de especies con interese produtivo, a contaminación, a perda de hábitats ou o cambio climático. Estes factores adoitan provocar un drástico descenso no número de individuos, o que, á súa vez, implica a perda de diversidade xenética, incremento da consanguinidade e redución da capacidade reprodutiva, limitando a adaptabilidade das poboacións e, se o declive se prolonga, conducindo á extinción. Agora, un equipo de investigadores liderado pola Universidad de Oviedo en colaboración coa Universidade de Vigo acaba de desenvolver novas ferramentas informáticas que permiten revelar con detalle a historia demográfica recente das poboacións e o seu grao de conexión ou diferenciación con outras poboacións relacionadas. 

No estudo, liderado polo profesor Enrique Santiago, do Departamento de Bioloxía Funcional da Universidad de Oviedo, participaron tamén Armando Caballero, investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e Carlos Köpke, da empresa Plasma Labs Enterprises, con sede en Oviedo. Os resultados acaban de ser publicados na revista Nature Communications, unha referencia no ámbito da xenética poboacional e a conservación.

Ler a nova completa no DUVI